Baixada de ritmo
Ola!
Case nunca me dirixo á miña audiencia. Pensei en facer unha enquisa polo noveno aniversario, o mes pasado, pero non cheguei a tempo. A idea era preguntarvos cousas variadas sobre, principalmente, a vosa relación con esta páxina, máis por curiosidade que por trocar nada.
Ao final vou facer o que me peta, coma sempre. E inda que non creo que haxa ninguén mirando o calendario semanal, confirmo aquí que vou baixar o ritmo uns meses. Inicialmente quitarei a entrada de xogos do domingo, mais xa verei se podo manter ou non a musical dos venres. Non estou a xogar moito ultimamente, teño bastantes escritos pendentes e estou a escoller discos que teño ben coñecidos para os venres por non facer máis esforzos mentais.
Por moito que a enquisa non estea lista, teño as liñas abertas por se me queredes contar o que sexa. Non creo que ninguén se decatara, pero rompín a dirección de correo anterior e agora (coido que) recibo os emails en lar@mail.xogon.eu, por se vos interesa.