<<

Rush - Moving Pictures

Cando descubrín Rush, relativamente tarde na miña viaxe musical adolescéntica, quedei abraiado polo complicado e, ao mesmo tempo, limpo do seu son: facían moito con moi pouco. Pensaba que o meu pai tamén gozaría con este Moving Pictures, así que lle agasallei o cd para que o levara no coche. Que marabilla, pensaba eu, poder ter esta música sempre accesible. Escoitouno unha vez, con sorte. Coido que chegara a unha etapa da súa vida na que non lle apetecía descubrir xoias novas. Dende entón fica perdido nalgún rincón escuro (o disco, ao meu pai inda o quero, malia que non escoite Rush).