<<
Cynic - Re-Traced
No 2009 atopei un concerto acústico gratis de Cynic nun bar da cidade onde vivía. Só tocaron catro cancións pero non esquecerei a experiencia, alí a un metro deles sen pretendelo. O mellor foi ver tan de preto como o batería trocaba entre ritmos básicos e sons ambientais con varios utensilios percusionistas. O cantante-guitarrista tamén foi unha marabilla coa súa voz tranquila e melódica. Coido que tiñan unha dobre finalidade con esa pequena actuación: promocionar o seu concerto desa noite (ao que non fun) e probar as augas para publicar o Re-Traced, onde versionaron algúns dos seus temas do gran Traced in Air dunha maneira diferente.