<<
Pain of Salvation - BE
Non sei se foi que busquei cousas moi similares ao Scenes from a Memory de Dream Theater, pero cando aterrei neste BE era xusto o que precisaba. Enganchoume dun xeito similar ao dos estadounidense, tanto na versión de estudio coma nun directo semiactuado que atopara por aí. Pasei de non coñecer a Daniel Gildenlöw a atopalo coma o máximo representate do espírito de vocalista e, quizais, dos máis atractivos. Ou, se cadra, e que eu vou aos discos conceptuais coma unha mosca ao churrasco. Gustábame toda a idea da historia e non me amolaban nin os xemidos (tamén tiñan que copiar precisamente o peor do Scenes) nin esa parte do contestador telefónico de Deus.