<<

Adriana Partimpim – Partimpim Tlês

Seguramente este non sexa o mellor disco infantil de Adriana Calcanhotto, pero sempre me fai graza a letra de Salada Russa e agora en casa xa non concebimos falar do cuscús se non é “marroquino”. Logo segue a canción Taj Mahal, que non é a máis linda historia de amor, pero ten a súa graza para quen non coñeza a orixinal de Jorge Ben. O resto contén outras cancións de música popular brasileira con diferentes niveis de carisma que, con todos os respectos, en boa parte serven máis como música de fondo para unha festa de cativada que para unha escoita activa.