<<

Ozzy Osbourne - Under Cover

Non é habitual confesar que se escoita un disco de versións, e moito menos cando é dun artista famoso, pero moitas veces serve como música doada de escoitar porque soen conter cancións ben coñecidas. Aquí temos ao Príncipe da Escuridade cantando as súas cancións favoritas, dende a obvia Sympathy for the Devil ata un Working Class Hero do seu compatriota John Lennon. De feito, levo bastante tempo con esa canción na cabeza, por motivos que descoñezo, e iso que non escoitara a orixinal antes de descubrir este álbum. Supoño que o conxunto paga a pena tamén por ser un catalizador para aprender eses clásicos que igual non forman parte do canon musical de cada un.