<<
Svartediket - Svartediket
Tiven a fortuna de poder ver en 2010 este musical de black metal en directo, seica o primeiro da historia deste xénero (e non sei se houbo máis dende entón). O álbum publicado é bastante diferente musicalmente da obra en directo, pero ten as mesmas cancións, combinando metal extremo e música tradicional; soa moi ben, pero ao non ter a un home-metaleiro-bufón-trol-can-mascota paseando ao teu carón perde parte da maxia. Unha mágoa que a versión teatreira fique máis morta que os cadáveres do fondo do Svartediket real.