<<
Pakolas - A Ramona pequena vai á Lúa
Pakolas sempre mestura diversos estilos musicais nos seus traballos, coa guitarra eléctrica e a súa voz como presenzas obrigatorias. Pero nesta historia da Ramona pequena tamén aparece a guitarra psicotrónica de protagonista, un instrumento singular ao que lle teño certo cariño porque tamén puiden tocar unhas notas no último directo de Pakolas ao que asistín. Non é que sexa o seu conxunto definitivo (para iso habería que mesturar cancións de todos os seus discos) pero é moi válido, igual có resto, e non haberá nena que coloque mal un pronome se repite o retrouso de “pícame o cú / non me pica o cú”.