<<
Blind Guardian - A Night at the Opera
Cando comecei a falar de música nas entradas do Soul Blade tiña claro que a seguinte debería ser este disco de Blind Guardian. Escoiteino unha e outra vez, pero sempre examinaba con detemento a última canción And Then There Was Silence, unha épica helena con Cassandra de protagonista. Está escrita de maneira non linear, supoño que como funcionaba a cabeza desa sacerdotisa visionaria, e narra a historia dende o nacemento de Paris ata a destrución de Troya. Sen dúbida é un final axeitado para esta noite na ópera, na que tamén estiveron presentes outras personaxes recoñecibles unicamente polo seu nome de pía, coma Xesús, Isolda, Raistlin, Galileo ou Friedrich.