<<

Buffy the Vampire Slayer - Once More, with Feeling

Este é o disco do meu capítulo preferido de Buffy, e pode que de toda a televisión. Musicalmente é moi fino: divertido cando pode e triste cando o merece. As melodías son variadas e, na trama do episodio asociado, pasan moreas de cousas importantes para o futuro das personaxes, así que non é simplemente un musical encaixado de calquera xeito. Resúltame tamén moi inspirador que todos os actores se animasen a cantar e non lle resto mérito a Alyson Hannigan por agocharse ou empregar autotune. O único problema que lle vexo, e non é menor, é que sexa obra de Joss Whedon; que noxo de persoa.