Nacho Vegas & Christina Rosenvinge - Verano Fatal
Escoitei toda a discografía de Rosenvinge ao mesmo tempo que lía o seu libro Debut. Cuadernos y canciones. Non coñecía case nada dela e agora, unha pandemia máis tarde, a súa música non me deixou moito pouso. Agás o Verano Fatal con Nacho Vegas, unha colaboración que sacaron apuradamente pero que lles quedou bastante íntima e sensual. A verdade é que do asturiano só sei que ten bastante sona musical, unha relación (pasada?) coas drogas moi marcada e que non escoitei nada del porque o seu nome xa m daba preguiza. Gozando de novo con este Verano Fatal, e tendo en conta que o resto de Rosenvinge non me marcou, penso que se cadra é momento de darlle unha oportunidade a Vegas e explorar as súas cancións en solitario. Se tivese unha biografía coma a madrileña, non dubidaría en ir ano por ano constatando a evolución, porque moitos considera que o verano fatal é dos peores da súa carreira.