<<

Ultrasónicas - Yo fui una adolescente terrosatánica

Este álbum síntese como un artefacto musical de hai cincuenta anos atopado hoxe en día, inda que a realidade é que foi rematado no ano 2000. Xa sabemos que ese ano está máis preto de 1975 que da actualidade, pero musicalmente semella moito máis. As cancións comezan por surf rock, punk clásico, unha versión do Sweet Leaf de Black Sabbath (publicado en 1971) ata chegar a unha segunda metade máis agresiva con temas como “Vente en mi boca”, “F*k the mail e Quiero ser tu perra. Un conxunto moi ecléctico para pasalo ben escoitando a estas mexicanas.