<<

Sweet Charity - Sweet Charity

Cheguei a esta banda de rock kapak singapuriana de casualidade, escoitando unha versión en directo do seu clásico Teratai en 1996. A voz rascada do cantante, e esa sensación de atopar unha balada roqueira dos anos oitenta descoñecida para min, levoume a escoitar todo o seu primeiro disco. Publicado en 1979, aquí non temos voces maltratadas. Nótase moito a diferencia de experiencia e a mestura das súas influencias. Aquí Teratai non ten tanta forza, pero compensa coa curiosa versión chamada Tak Sepertimu, que comeza cun orixinal teclado estilo Camela e que está baseada nunha orixinal tamén versionada en castelán.