<<

No Konforme - Los Que Van a Morir Te la Sudan

Eu vin polo título e quedei polo punk rock combativo. Non hai propostas moi radicais, nin musical nin politicamente, pero trata temas que preocupaban en 2014 e que non cambiaron para ben nos últimos anos (desafiuzamentos, Gaza, mulleres no Islam, etc.), combinados con outros máis introspectivos. En xeral, non ten un aire nin moi triunfante nin moi derrotista, o cal é un bo resumo da normalidade de todo o conxunto, destacando unicamente polo entusiasmo do grupo. Como curiosidade, contan tamén con dúas das voces máis recoñecibles do panorama español, na forma de Pulpul (de Ska-P) e de Ada Colau (da Plataforma de Afectados por la Hipoteca).