<<
Catan. Subxogo a partir dos 3 anos
Velaquí unha variante que se pode xogar cun Catan básico dende os 3 anos de idade, válida para 2 ou 3 xogadores.
-
Preparación:
- Facer unha fila cos catro hexágonos de ovellas con dous hexágonos de bosques nos extremos.
- Poñer os números “11”, “2”, “3”, “4”, “5” e “6” consecutivamente enriba dos hexágonos.
- Apartar 13 cartas de ovella.
- En orde crecente de idade, cada xogador coloca unha vila da súa cor enriba dun hexágono que non teña ningunha peza enriba. Repetir ata que todos os hexágonos teñan unha vila.
- En orde crecente de idade, cada xogador executa os seguintes pasos:
- Tirar un dado.
- Buscar o hexágono que encaixa co resultado do dado.
- Outorgar 1 ovella ao xogador que sexa dono da vila dese hexágono, e 1 ovella adicional se quedan na reserva e o hexágono ten o número “11” (pois son dous uns).
- Unha vez repartidas as 13 ovellas, o(s) xogador(es) con máis ovellas son o(s) gañador(es).
Inda que inicialmente foi unha versión improvisada, estou contento co resultado. É obvio que só hai unha decisión significativa que tomar: se apañamos o tentador hexágono con dobre recompensa ou non. Calquera que entenda as probabilidades obedientes independentes dun dado non terá dúbida, e esa é unha habilidade que tamén se pode aprender.
Pola outra banda, hai milleiros de variantes con esta base, así que atopo que pode ter anos de percorrido ata rematar xogando coas regras oficiais do Catan, o cal non sei eu se será unha mellora.