<<

O señor dos aneis LCG. Volvendo ao medo do senescal

Logo das aventuras previas de Faramir, este volveu a Minas Tirith para descansar das súas aventuras e soñar con aquela doncela coa que compartiu experiencias tan intensas. Pero tampouco tivo oportunidade de facer moitos plans de futuro, xa que o seu pai Denethor mandouno aos baixos fondos da cidade a investigar unha conspiración contra o reino de Gondor, namentres el facía as súas pescudas dende a comodidade da súa oficina. Lonxe do terreo no que se sente máis cómodo, Faramir chegou a unha taberna xunto ao hobbit Meriadoc de Brandigamo, e comezaron a tirar do fío entre os dous. Non foron os primeiros que seguiron a pista deste medo do senescal pero, ao igual que os seus precursores, tamén fracasaron no seu intento.

Non obstante, Denethor non se deu por derrotado. Desta vez conseguiu convencer a Éowyn e a Beravor para que seguisen as pistas, mentres el guiáballes sobre os encontros que lles poderían facer fracasar na misión. Inda que a idea era boa, as mulleres non conseguiron obter información nova. Isto repetiuse dende o comezo outras dúas veces co mesmo resultado, a pesares dos disfraces que levaban as mulleres para tentar pasar desapercibidas. Foi na cuarta incursión consecutiva cando por fin remataron a investigación e deron boa conta do vilán… para darse conta entón de que non pasaran polas raíces do Mindolluin, unha localización obrigatoria na misión! Seguramente acadase unha vitoria igualmente se me tivera lembrado, pero marqueina coma nula por ese motivo. A baralla nese intre tiña esta pinta, minimizando o ataque dos aliados para que as súas coiteladas polas costas non doesen moito:

Hero (3)
Beravor (Core Set)
Denethor (Core Set)
Éowyn (Core Set) Ally (26)
3x Anfalas Herdsman (The Steward’s Fear)
3x Curious Brandybuck (The Wastes of Eriador)
3x Ethir Swordsman (The Steward’s Fear)
3x Galadhrim Healer (The Dread Realm)
3x Gandalf (Core Set)
2x Gléowine (Core Set)
1x Henamarth Riversong (Core Set)
3x Hunter of Lamedon (Heirs of Númenor)
2x Miner of the Iron Hills (Core Set)
3x Ranger of Cardolan (The Wastes of Eriador)

Attachment (10)
3x Ancient Mathom (A Journey to Rhosgobel)
3x Athelas (The Lost Realm)
1x Dark Knowledge (Core Set)
2x The Long Defeat (The Battle of Carn Dûm)
1x Unexpected Courage (Core Set)

Event (11)
2x A Test of Will (Core Set)
3x A Watchful Peace (Heirs of Númenor)
3x Distant Stars (Escape from Mount Gram)
3x Stand and Fight (Core Set)

Player Side Quest (3)
1x Double Back (Escape from Mount Gram)
1x Gather Information (The Lost Realm)
1x Scout Ahead (The Wastes of Eriador)

A baralla logo foi trocando pouco a pouco, incorporando primeiro a Glorfindel no canto de Beravor, e logo Rossiel no lugar de Éowyn, rematando tan só con heroes da esfera do saber. As partidas resultaron bastante interesantes, pero pouco efectivas, recollendo un total doutras cinco derrotas consecutivas no mesmo escenario. A salvación chegou da man do desafío diario de RingsDB, xa que trataba de empregar o meu primeiro mazo publicado nese sitio para capturar a Gollum nos Pantanos dos Mortos. Conseguino sen problemas, e logo aproveitei a mesma baralla para xuntala coa de Glorfindel e compañía e volver ao medo do senescal. Dito escenario é máis sinxelo a dúas mans, polo que non tiven moito problema en chegar até o final, onde unha iteración non agardada entre as estacas de montaraz e a filla de Berúthiel deixoume bloqueado sen poder superar a misión. No segundo tento con dúas barallas si que acadei a vitoria cun total de 147 puntos. Xa era hora!

  • Derrotas: 10.
  • Vitorias: 1.
  • Partidas nulas: 1.
  • Tempo de xogo: 6.5 horas (repartidas entre 8 días).
  • Tempo medio de partida: 33 minutos.
  • Heroes diferentes empregados: 10.