Yume Nikki
Yume Nikki é un xogo independente e de culto, mencionado como inspiración por xente como Dan Salvato, creador do Doki Doki Literature Club, en cuxo criterio confío abondo, sen ter razóns en particular mái aló da súa propia obra. Sabía que estaba feito nun RPG Maker e que había algo que tiña que ver con “efectos”, pero realmente pensaba que era unha falsa mecánica para agochar outras. Pero agora diría que non, que non hai ningunha mecánica oculta e que o amosado durante os primeiros vinte minutos é unha representación veraz do que atoparán os que o xogaron ata o final.
Porque eu baixeime do soño tras menos de media hora. Entendo o que quere facer, entendo que moita xente poida gozar con esa viaxe onírica consistente en explorar durante horas uns escenarios surrealistas ata un final (que me estraguei sen pretendelo) pouco visto nos xogos ata entón. Pero eu non estou por pasar por esas estes días. Teño algúns outros “simuladores de camiñar” na miña lista de xogos futuribles, un xénero polo que nunca paseei e que, agardo, poida recibir cunha mente máis aberta, incluso sabendo que moitos puideron ser tamén inspirados por este Yume Nikki. Cada camiño ten o seu bulleiro.