<<

Slice & Dice. Capítulo 3

Cando era máis novo e comecei a entender ben os ordenadores, non tiña medo en aprender a estrutura de arquivos de calquera xogo para ver que podía tocar. Algo que non podía faltar era ver como se gardaban as partidas co obxectivo de levalas para outro ordenador ou facer copias de seguridade. De cando en vez resultábame de suma importancia asegurarme de que non perdería o meu progreso no Diablo 2, Grand Theft Auto 2, Commandos 2 ou nalgunha outra segunda parte exitosa. Despois resultou que, cada vez que retomaba un videoxogo despois dalgúns meses, sempre prefería comezar de novo dende o comezo, deixando atrás todos os obxectos atopados na miña anterior etapa do Diablo 2 ou volvendo ao comezo do Neverwinter Nights a ver se, esta vez si, avanzaba un pouco máis e me enteraba das cousas que contaba Aribeth. Inda así, moito máis maior agora, deume un pouco de mágoa cando reinstalei este Slice & Dice no meu Android e atopei que tiña que volver desbloquear todo de novo. Ou pulsar o botón que o fai automaticamente, pero por aí non quería pasar.

Moito escudo

O motivo deste retorno foi a publicación da terceira versión do mesmo, con máis contido e máis refinado. Inda que obviamente non o podo apreciar directamente, todo o deixa entrever que o código que hai por debaixo debe ser dunha cualidade sublime. Ademais dos heroes autoxerados que xa coñecía, agora hai tamén obxectos, monstros e modificadores que, baseándose nos seus atributos, son xerados para un determinado valor que case nunca semella fóra de lugar. Xuntar iso, o ben pensados que están as partes deseñadas a man e a multitude de modos de xogo dá como resultado un xogo impecable en todos os niveis. Certo é que está atado ao sistema de lanzar os dados ata eliminar aos inimigos, con toda a variabilidade que iso impón. Como xogo eterno sigo a preferir o Slay the Spire porque as apostas son máis altas e o sistema de cartas aguanta mellor a multitude de partidas, pero só podemos soñar con que a súa segunda parte teña un nivel técnico que se achegue minimamente a este Slice & Dice.

Dragón petrificado

O meu obxectivo nesta nova incursión foi conseguir todos os logros. Primeiro xogando partidas nos modos que máis me apetecían e logo xa apuntando un pouco máis aos requisitos. Desta vez conseguín as dúas vitorias consecutivas no modo inxusto moi cedo, así que só me faltaron unha ducia de intentos para superar o modo de “soños” en difícil e dous para levar a cinco cultistas a unha vitoria doada no brutal. O resto xa se trataba de conseguir determinados requisitos ou obxectos, que máis ou menos ían saíndo de forma non planeada. Pero cando só me faltou o de escoller o filacterio de peto dúas veces, comecei partidas rapidísimas no modo máis doado que atopei ata que caeu. Cheguei ata o punto de comezar unha partida, escoller os modificadores que facían aparecer máis obxectos ou avanzar máis rápido para despois abandonar no sexto combate ao non ter atopado o maldito filacterio. Comecei a crer que tiña prohibido saír para un equipo totalmente azul, pero unha noite vin a súa icona e, por fin, puiden durmir tranquilamente. Como xa me pasou o ano pasado, foron moitas partidas en moi pouco tempo. Mellor parar.

Pocket phylactery

Non sei que farei no futuro, xa que non creo que teña moitas máis versións importantes agora que xa chegou a Steam e o desenvolvedor andará estupendamente no terreo económico. A miña opinión persoal é que, do mesmo xeito que si que ten sentido un Slay the Spire 2, o Slice & Dice xa se pode dar por rematado e un xogo diferente coas mesmas ideas de xeración procedural cunha boa base podería ser un bo punto de continuación. Polo de agora, apeteceríame máis probar algo sumamente novo de tann que calquera outra cosa.

Vitoria brutal

Con todo, e desdicindo un pouco o que dixen no comezo, deixo por aquí a miña partida gardada, sabendo ben que non a vou a empregar porque preferiría comezar de cero por terceira vez:

{"completedAchievementStrings":["First Boss","Alpha Strike","Unlock a door","Ironclad","Indecisive","5 achievements","Victory","Oops","All 4","victory","10 achievements","Dragon Kill","Curse Mastery","Troll Slayer","Victory+","15 achievements","Overgrowth","Chaos","Chaos+","Blessed Ring","20 achievements","1-5 Straight","Manastorm","Victory++","Wizard","25 achievements","[orange]Hard[cu] victory","Indecisive+","Anger the Ghosts","Victory+++","30 achievements","Stone Revenge","Poet-pick","Caster","Hexia Kill","35 achievements","Victory++++","Curse Mastery+","NOT FAIR!","Double-revive","40 achievements","[purple]Cursed[cu] defeat","25 deaths","[green]Classic[cu] [red]Unfair[cu] defeat","Snake-eyes","45 achievements","Heal","Victory+++++","Hidden Emerald","Caster+","50 achievements","Spines","50 deaths","I wish I could undo this achievement","Chaos++","Victory++++++","Benevolence","[red]Generate[cu] victory","[red]Generate[cu] [orange]Hard[cu] victory","Dragon Eggs","60 achievements","Victory+++++++","Gambler-pick","Caster++","Troll Nemesis","Victory++++++++","Green Blood","Draw","[orange]Raid[cu] victory","Caw Eggs","70 achievements","75 deaths","All 1","Pile of Bones","Victory+++++++++","75 achievements","Oops+","Brambles","Crushed","Victory++++++++++","80 achievements","100 deaths","Victory+++++++++++","GONG","Emerald Mirror-pick","Crushed+","[yellow]Choose-Party[cu] 4x","[yellow]Choose-Party[cu] 5x","[red]Unfair[cu] victory","[yellow]Choose-Party[cu] 3x","90 achievements","Hand Kill","Victory++++++++++++","Curse Mastery++","Encumbered","Chaos+++","Oops++","[red]Cursed-Ultra[cu] defeat","Reaper","Hoard","100 achievements","101 achievements","102 achievements","Expert","Challenger","Splattered","Alpha Strike+","turns-taken <= 40","Fading","Dabbler-pick","110 achievements","Survivor","Stone Revenge+","Cursed Bolt","200 deaths","Change of Heart","Saviour","Bard-pick","Herbalist-pick","Jester-pick","120 achievements","Last legs","Wand Regret","Heal+","Brambles+","Ludus-pick","Spines+","Mandrake","Sling-pick","Dancer-pick","130 achievements","Updog-pick","Challenger+","Classic Unfair streak","Statue-pick","500 deaths","Petrified","Pocket Mirror-pick","Cheat Death","Ace-pick","140 achievements","[blue]Dream[cu] [orange]Hard[cu] victory","[red]Generate[cu] [red]Unfair[cu] victory","Wisdom","All 2","All 3","Quick Shortcut","[purple]Brutal[cu] victory","7 damage!","Manastorm+","150 achievements","Pocket Phylactery-pick"],"stats":[]}xxxxxxxxxxxxxxx767329980