Etrian Odyssey IV: Legends of the Titan. Capítulo 0
Igual que fixen co Etrian Odyssey III incitei aos meus amigos a creares as personaxes para esta nova aventura que xa me tarda en comezar. Porque, inda xogando así só, dáme un pouco máis sensación de grupo. As instrucións consistían en escoller unha clase, unha subclase, nome, avatar e se queren ir na fila de diante ou na de atrás, tendo unicamente o listado de clases coas explicacións que saen no xogo. Poño aquí o quinteto final co meu plan de habilidades para os primeiros 19 niveis, xa que a partires do 20 aparecen novas opcións e, pouco máis adiante, as das subclases. O meu primeiro obxectivo é chegar ata ese fito.
- Nome: Tim
- Clase: fortress
- Subclase: medic!
- Fila: dianteira
- Habilidades:
- Proficiency: 1/1
- Mineralogy: 1/1
- Iron Wall: 4/10
- Taunt: 4/4
- Bolt Strike: 3/10
- Auto-Taunt: 4/4
- Holy Smite: 4/10
- Plan: protexer o máis posible ao grupo, aturar moito castigo e curarse co holy smite.
- Nome: Aensland
- Clase: nightseeker
- Subclase: dancer
- Fila: dianteira
- Habilidades:
- Proficiency: 1/1
- Herbology: 1/1
- Sand Throw: 2/6
- Nerve Throw: 2/6
- Blade Flurry: 5/6
- Shadow Cloak: 4/4
- Auto-Cloak: 6/6
- Plan: non morrer, paralizar aos inimigos grandes e facer moito dano.
- Nome: Larissa
- Clase: landsknecht
- Subclase: imperial
- Fila: dianteira
- Habilidades:
- Proficiency: 1/1
- Mineralogy: 1/1
- Power Break: 3/6
- Mind Break: 2/6
- Power Boost: 8/8
- Vanguard: 2/6
- Bandage: 4/6
- Plan: curar fóra do combate, reducir dano entrante e tentar aforrar recursos.
- Nome: Pat Akkah
- Clase: runemaster
- Subclase: arcanist
- Fila: traseira
- Habilidades:
- Proficiency: 1/1
- Herbology: 1/1
- Fire Rune: 1/6
- Ice Rune: 1/6
- Volt Rune: 1/6
- Fireball Rune: 1/10
- Ice Lance Rune: 1/10
- Lightning Rune: 1/10
- Runic Gleam: 5/6
- TP Boost: 8/8
- Plan: non queimar moitos puntos de talento en cada loita, axudar a eliminar aos inimigos elementais e prepararse para os niveis máis altos.
- Nome: Nagax
- Clase: sniper
- Subclase: arcanist
- Fila: traseira
- Habilidades:
Main Class: Sniper
- Proficiency: 1/1
- Dendrology: 1/1
- Scavenger: 6/6
- Lock On: 3/6
- Long Shot: 10/10
- Plan: aniquilar aos inimigos máis perigosos, non pensar moito.
Tiña as miñas dúbidas sobre o equipo ata que apareceu, xusto no último lugar, Larissa. A súa habilidade de cura fóra da batalla será o único medio de curación ata que aparezan as subclases, e ademais tamén axuda coa súa pasiva a derrubar rapidamente a inimigos concretos. Pasareino mal cando aparezan moreas de inimigos que metan dano en cada quenda, pero sempre podo trocar un pouco os da liña de atrás para introducir ataques de área. Ademais, esta edición din que é das máis doadas e seica tamén é máis barato o de redistribuír os puntos de habilidade. Malo será que non saia adiante inda que sexa con paciencia. Vémonos nos alxubes, amigues!