O señor dos aneis LCG: fuxida de Dol Guldur
Até fai ben pouco só tiña a caixa básica do xogo LCG do Señor dos Aneis xunto a todo o ciclo de Angmar Espertado. Digo “só” porque, inda que parezan unha morea de cartas, é unha fracción moi pequena de todo o que saíu para este xogo. A pesar de ter explorado moi pouco do seu deseño lúdico, é probabelmente o meu xogo de cartas preferido, inda que non atopase un grupo para gozalo en maior medida. Ademais de necesitar moitos cartos para facerse cun ciclo completo, tamén e complicado atopar unidades das tendas, polo que a miña colección vai aumentando lentamente a medida que atopo desexo e stock.
Ultimamente incorporei tres aventuras do primeiro ciclo (unha delas en inglés, o resto en castelán) e a caixa grande das Terras salvaxes de Rhovanion. Aproveitei para facerme un mazo cos novos personaxes do val, e funcionou moi ben na primeira aventura a través do bosque escuro. Contra o troll do comezo do Anduin tiña problemas gordos polo que tiven que facer algúns axustes no mazo para baixar a miña ameaza, rematando cunhas cartas non tan ambiciosas pero máis prácticas para este desafío, con Brand (táctica), Bardo (espírito) e o pequeno Merry (espírito) coma heroes. Conseguín un par de vitorias consecutivas polo que entendo que está ben superado. Tras isto, agardábame a escapatoria de Dol Guldur para rematar coas aventuras da caixa básica. Pouco xoguei esta aventura nas cento e pico partidas que levo porque é moi complicada, pero teño esperanza no poder dos espirros do rei do val.
Antes de nada axustei o mazo para non depender tanto dos aliados do val, xa que en boa parte da misión só poderemos xogar a un por quenda, pero metín algúns que se poden poñer en xogo doutras maneiras para facer un pouco a trampa. Debido a que a aventura non está deseñada para ser xogada en solitario, engadín outro mazo formado por Aragorn (liderado), Théodred (liderado) e Rossiel (saber). A idea deste mazo é xogar aliados poderosos de saber, se consigo os recursos, mellorar a Rossiel movendo cartas á área de vitoria, e meter algúns exploradores do norte no mazo de encontros. As dúas primeiras partidas foron derrotas en 40 e 12 minutos, e non pasei da primeira etapa en ningunha: aliado que poñía en xogo, aliado que morría. A terceira tivo máis graza.
Comecei con moita sorte: das tres cartas gardando os obxectivos dúas eran o alcance do nigromante que se resolveron sen efecto, e o heroe secuestrado foi Théodred. Pouco a pouco conseguín ter algúns aliados con boas cartas vinculadas no lado do val, mentres que Aragorn e Rossiel adicábanse a sobrevivir e contribuír cun pouco de vontade en cada misión. O momento estelar deste mazo foi cando conseguiu colar un explorador do norte no mazo de encontros e, cando foi descartado como sombra, devolvelo ao mazo a través dunha carta de evento. Cando entrou, liquidou un lugar que me daba problemas e puido aportar á defensa contra os orcos e arañas. Nese momento xa o tiña todo controlado, o mazo do val aproveitou todos os seus recursos, acumulados en boa parte grazas ao senescal de Gondor, para chamar a Gandalf dúas veces: a primeira para resolver a segunda etapa, e a seguinte para rematar ao Nazgûl e fuxir de Dol Guldur coa misión cumprida na sexta quenda: Théodred está a salvo!
- Tempo de xogo: 2 horas.
- Partidas xogadas: 3.
- Vitorias: 1 (110 puntos).
O señor dos aneis LCG: murmurios de Rhovanion
O portal Susurros del Bosque Viejo organizou a sexta entrega da súa liga nacional do Señor dos Aneis LCG. Esta vez tratábase de superar as tres misións das Terras salvaxes de Rhovanion empregando só as cartas desa caixa e da básica. Ao ter eu todas as cartas válidas, non dubidei en apuntarme facendo unha baralla baseada nos reis do val Brand e o seu fillo Bardo II. A opción para o terceiro heroe pedíame ser algún da esfera do saber, Beravor ou Denethor, mais pareceume a opción sinxela polo que improvisei un pouco metendo a Eleanor, unha muller de Gondor que decidiu pasear polo val coa súa egua. Por dicir algo.
O mazo resultante non tiña moitas sorpresas. Devorquei todos os aliados do val dispoñíbeis, todas as vinculadas novas e completei con Gandalfs e algunhas das cartas clásicas das esferas de liderado e espírito. Foi unha mágoa non poder meter o novo evento de saber que devolve cartas vinculadas á man e que tanto xogo dá xunto aos heroes do val. Tamén deixei planeado un banco con vinte cartas adicionais e dous heroes de saber, pero non estaba permitido empregalo para este evento. Non tiña nin idea de que tratarían as misións da caixa, máis aló de que revisitaban as cartas de encontro das tres primeiras misións da básica, polo que escollín unha ameaza inicial bastante baixa para evitar posíbeis trols nas primeiras quendas.
Na primeira misión, Remontando o Anduin, temos que percorrer en dirección contraria o clásico río que tantas veces baixamos despois de derrotar ao polo entón terrible troll. Esta nova versión é unha desas que non escala moi ben para un só xogador, xa que hai unhas condicións que obrigan a poñer unha nova carta en xogo, o cal é un chimpo moi importante na dificultade cando non hai outros xogadores para paliar os seus efectos: o incremento de revelar unha carta a revelar dúas é moi superior ao de pasar, por exemplo, de tres a catro. Eu fracasei nos tres tentos oficiais para a liga, pero polo menos conseguín unha vitoria á cuarta. Con Denethor no grupo sería moito máis sinxelo.
Pola súa banda, en Perdidos no bosque negro, non tiven maiores problemas. Conseguín tres vitorias nos tres intentos, explorando case todos os camiños posíbeis sen moitas dificultades. Foi entretido polo variado, inda que adoece un pouco de ter que separar todas as cartas de encontro tras cada partida para volver a comezar. Atopamos de novo a certos vellos inimigos pero non resultan tan perigosos coma nos poderían semellar nos comezos das nosas viaxes pola Terra Media neste xogo. Vendo as estatísticas do evento, tamén resultou a máis sinxela para a meirande parte dos participantes.
Na misión do rei, tiven dúas derrotas sen poder pasar da primeira etapa: o mazo de espenucas pode traer moitas maldades de súpeto que complican a nosa vida. Non sería até a terceira e definitiva cando atopei por vez primeira ao dragón e tiven unha pequena posibilidade de acceder ao seu tesouro. Non foi nada sinxelo e, cando xa pensaba que o tiña no peto, unha serie de catastróficas desditas remataron con Eleanor e Bardo sen puntos de vida. Por sorte, sobrevivín o suficiente para facer un derradeiro ataque e concluír co malvado dragón!
Como fun dos primeiros en rematar, tiven a honra de estar primeiro na clasificación xeral do evento temporalmente, pero rematei no décimo posto cando todos entregaron os seus resultados. Alédome de ter participado e agardo novas entregas da liga, especialmente se teño acceso a todas as cartas que compoñan o listado de permitidas.
- Remontando o Anduin: D / D / D.
- Perdidos no bosque negro: 161 / 125 / 125.
- A misión do rei: D / D / 176.
- Puntuación final: 40.
O señor dos aneis LCG: herdeiros de Númenor (I)
Tiven a sorte de recibir como agasallo de aniversario a expansión do Señor dos Aneis LCG dos Herdeiros de Númenor. Baseada nas terras de Gondor, engádeme aos heroes Boromir e Beregond, ademais dalgunhas cartas co trazo deste reino sen reis. Para sacarlle proveito ás cartas novas, decidín facer unha baralla con boa parte delas e algunhas outras que xa posuía e que lle pegaban ben. Como o único heroe de Gondor da miña colección previa era o príncipe Imrahil, foi doado decidir que sería unha mestura de táctica e liderado. Quedou tal que así:
Hero (3)
Beregond (Heirs of Númenor)
Boromir (Heirs of Númenor)
Prince Imrahil (A Journey to Rhosgobel)
Ally (23)
3x Citadel Custodian (Heirs of Númenor)
3x Defender of Rammas (Heirs of Númenor)
3x Envoy of Pelargir (Heirs of Númenor)
3x Errand-rider (Heirs of Númenor)
2x Faramir (Core Set)
3x Gandalf (Core Set)
3x Ingold (The Wastes of Eriador)
3x Veteran of Osgiliath (Escape from Mount Gram)
Attachment (12)
1x Celebrían’s Stone (Core Set)
3x Gondorian Shield (The Steward’s Fear)
1x Horn of Gondor (Core Set)
3x Spear of the Citadel (Heirs of Númenor)
2x Steward of Gondor (Core Set)
2x Sword of Númenor (The Dread Realm)
Event (14)
3x Behind Strong Walls (Heirs of Númenor)
2x Feint (Core Set)
2x For Gondor! (Core Set)
2x Sneak Attack (Core Set)
2x Valiant Sacrifice (Core Set)
3x Wealth of Gondor (Heirs of Númenor)
Player Side Quest (1)
1x Send for Aid (The Treachery of Rhudaur)
A miña idea é xogar tres partidas, sen trocar o mazo, a cada unha das cinco aventuras deste ciclo que teño actualmente. Coa baralla sen probar, sen refinar e sen saber nada do que me agarda nos mazos de encontro, non conto con obter unha razón de vitorias/derrotas moi elevada. Pero non poñamos a cesta antes do olifante e vaiamos unha por unha a estas aventuras nos terreos de Gondor.
Boromir antes de comezar a campaña.
A primeira parada, perigo en Pelargir, tráeme a un entorno urbano por primeira vez na miña experiencia co xogo. A misión parece sacada dun módulo malo dos oitenta dun xogo de rol de fantasía europea-medieval, xa que comeza nunha taberna onde obtemos un pergamiño que lle teremos que levar a Faramir, e pronto comeza unha liorta no que o pergamiño troca de mans constantemente á vez que o intentamos achegar ao seu destino. Ás veces semella unha pelexa cómica nun salón do oeste americano.
Pero a parte cómica pouco durou na miña primeira partida. Na terceira e última fase apareceu un asasino que liquidou sen contemplacións a Beregond, volvendo á área de preparación e liquidando a Boromir na seguinte quenda; o príncipe Imrahil non puido completar a misión sen a axuda dos seus finados compañeiros. Na segunda partida fun quen de librarme do asasino, pero Boromir pasouse coa cervexa e chamou moito a atención de Sauron, coido que é algo que podería ter pasado nos libros tamén. Non foi até a terceira cando conseguín a vitoria no escenario. Inda así estivo complicado até o final, xa que rematei cun colapso na cidade que me deixou a unha carta de localización da derrota. Pero a sorte sempre é algo preciso nun xogo de cartas deste estilo.
Boromir durante a primeira aventura.
Que conste que houbo unha aparición importante de Faramir como carta de xogador na miña última partida, para darlle un empurrón á última etapa da misión. Si, hai unha incoherencia narrativo-lúdica, xa que se supón que lle estou a levar unha mensaxe precisamente a este irmán pequeno de Boromir. Podemos abstraernos un pouco e pensar que o liderado deste home axudoume a conseguir o obxectivo. Ou quizais que a confianza dos aliados nun capitán tan excelente impulsounos para facer un último esforzo. Ou non pensar moito en elo e simplemente pasar ao seguinte escenario, no que iremos cara a Ithilien.
Desgraciadamente, non escribín un resumo de verdade das partidas deste segundo escenario logo de xogalas, polo que agora é case imposíbel recordar exactamente o que pasou. Só sei que gañei a primeira partida con 49 puntos de ameaza pero superándoa por moito no último empurrón, gañei a segunda partida con dúas aparicións de Gandalf e perdín a terceira contra elites de Haradrim e dúas compañas de inimigos.
Boromir ao ler o anterior parágrafo.
- Perigo en Pelargir: D / D / 149.
- Cara Ithilien: 128 / 116 / D.
- Tempo de xogo: 34 + 40 + 30 e 27 + 20 + 15 minutos.
O señor dos aneis LCG: herdeiros de Númenor (II)
Levoume bastante tempo xogar estas tres últimas misións do meu plan orixinal. Máis que nada foi pola preguiza de montar o mazo de encontros e atopar un bo anaco de tempo no que estivese tranquilo, descansado e con boa luz. Moitas veces é máis sinxelo coller un libro ou arrancar un videoxogo que preparar un lugar axeitado para espallar as cartas durante un tempo indefinido, xa que unha partida pode levarme dende cinco minutos até máis dunha hora, e non quero cesala para continuala noutro intre. E iso sabendo que só vou levar a baralla de Gondor que mencionei na entrada anterior, se xogase a dúas mans e/ou tivese que escoller as cartas de xogador habería inda máis variabilidade.
A terceira misión desta expansión, O asedio de Cair Andros, baséase en comezar con tres lugares na área de preparación, un mal signo para unha partida en solitario puro. Se conseguimos explorar satisfactoriamente algún deses lugares, saltaremos unha fase da misión, achegándonos máis cara a nosa meta. O problema vén de que moitos inimigos baten contra esas cartas, eliminándoas do xogo. A baralla que eu levo non está nada preparada para explorar lugares e, inda que a primeira fase ten a palabra chave asedio polo que hai que ir a misión cos atributos de defensa, perdín as tres partidas sen conseguir explorar algún dos lugares nin avanzar máis aló da segunda das cinco fases da misión. Tentarei repetilo con outros dous colegas, xa que penso que pode ser máis sinxelo cantos máis xogadores haxa na partida, inda que só sexa porque os tres lugares iniciais non escalan co número de participantes.
Boromir fuxindo de *Cair Andros.*
Na seguinte misión do ciclo, O medo do senescal, tampouco obtiven ningunha vitoria nin conseguín pasar da súa primeira fase. Para conseguir superar ese primeiro paso hai que explorar catro lugares, pero o meu mellor resultado foron só dous. Na primeira partida chamei a Gandalf tres veces, pero non serviu máis ca para sobrevivir unha quenda tras outra até que os lugares na área de preparación superáronme. A segunda rematou na segunda quenda con catro inimigos saíndo da nada e estragando as miñas filas. Por último, a terceira partida tiña boa pinta, pero os inimigos optaron por enfrontarse comigo, quitarme recursos e volver á área de preparación para contribuír á súa ameaza na seguinte quenda e volver a comezar o baile. Cunha baralla capaz de ter máis de tres puntos de vontade na primeira quenda supolo que será máis sinxela e poderei ver como funciona o sistema de complots e viláns que caracterizan o deseño desta misión urbana.
Boromir investigando de paisano.
Logo de sete derrotas seguidas, conseguín superar o meu primeiro tento do bosque de Drúadan. No final tiven que sacrificar a Boromir para convencer a Drû-buri-Drû para que nos axudase; podería telo salvado se empregase a Gandalf para facerlle dano ao salvaxe, pero coido que non contaría como vitoria inda que lendo as cartas non fique de todo claro. No segundo tento volvín a ter os meus problemas de falta de vontade e disparóuseme moi rápido a miña ameaza até 50. Por último, comecei o terceiro e último intento cunha man case ideal e sempre fun por riba do ritmo marcado pola baralla de encontros, polo que conseguín manexalo ben até a derradeira etapa. Nese momento optei por un bloqueo lixeiramente arriscado… e saíume ben! O príncipe Imrahil sobreviviu ao ataque e deixou todo listo para obter a axuda do Istari gris na seguinte quenda e obter a vitoria cunha mellor puntuación que na miña primeira incursión.
Boromir logo do seu heroico sacrificio polo ben da misión.
- O asedio de Cair Andros: D / D / D (18 / 4 / 18 minutos).
- O medo do senescal: D / D / D (28 / 5 / 12 minutos).
- O bosque de Drúadan: 143 / D / 134 (28 / 11 / 24 minutos).
O señor dos aneis LCG: Faramir, Éowyn e Gollum
Conseguín atopar a bo prezo as catro expansións que me faltaban do ciclo dos herdeiros de Númenor. Antes de continuar coas aventuras polas terras de Gondor, decidín facer unha baralla cun dos heroes novos para min, Faramir da esfera do saber, para enfrontalo a algunhas misións ao chou da miña colección. Non teño tampouco moitas trampas, pero coas novas incorporacións apetecíame tirar por aí, contando con aproveitar ao máximo a habilidade do segundo fillo de Denethor. Para iso, optei por ir baixiño de ameaza polo que completei o mazo monocor con Rossiel e Mirlonde. A versión inicial ficou tal que así:
Hero (3)
Faramir (Assault on Osgiliath)
Mirlonde (The Drúadan Forest)
Rossiel (Escape from Mount Gram)
Ally (20)
2x Anborn (The Blood of Gondor)
2x Erebor Hammersmith (Core Set)
1x Gandalf (Core Set)
2x Gildor Inglorion (The Hills of Emyn Muil)
2x Gléowine (Core Set)
2x Haldir of Lórien (A Journey to Rhosgobel)
1x Henamarth Riversong (Core Set)
3x Ithilien Archer (Encounter at Amon Dîn)
2x Miner of the Iron Hills (Core Set)
3x Mirkwood Runner (Return to Mirkwood)
Attachment (11)
2x Forest Snare (Core Set)
3x Ithilien Pit (Encounter at Amon Dîn)
3x Poisoned Stakes (The Blood of Gondor)
3x Ranger Spikes (Heirs of Númenor)
Event (18)
3x Keen as Lances (Escape from Mount Gram)
3x Leave No Trace (Escape from Mount Gram)
3x Mithrandir’s Advice (The Steward’s Fear)
3x None Return (Across the Ettenmoors)
3x Shadow of the Past (Return to Mirkwood)
3x The Door is Closed! (The Treachery of Rhudaur)
Player Side Quest (1)
1x Scout Ahead (The Wastes of Eriador)
Por darlle algo de compaña, decidín emparellalo con outro de heroes Rohan, máis que nada porque nunca lle din unha boa oportunidade. Ademais dos tres heroes desta facción que aparecen na caixa básica tamén teño a Théoden de táctica, pero non pega moito co estilo que agardaba, así que tirei por unha baralla de dúas cores con espírito e liderado:
Hero (3)
Dúnhere (Core Set)
Éowyn (Core Set)
Théodred (Core Set)
Ally (20)
2x Elfhelm (The Dead Marshes)
1x Éothain (The Dread Realm)
3x Escort from Edoras (A Journey to Rhosgobel)
3x Gandalf (Core Set)
2x Northern Tracker (Core Set)
3x Snowbourn Scout (Core Set)
3x The Riddermark’s Finest (The Hills of Emyn Muil)
3x West Road Traveller (Return to Mirkwood)
Attachment (10)
3x Ancient Mathom (A Journey to Rhosgobel)
1x Celebrían’s Stone (Core Set)
3x Ranger Provisions (Across the Ettenmoors)
2x Steward of Gondor (Core Set)
1x Unexpected Courage (Core Set)
Event (20)
2x A Test of Will (Core Set)
3x A Watchful Peace (Heirs of Númenor)
2x Astonishing Speed (Return to Mirkwood)
1x Dwarven Tomb (Core Set)
3x Ride to Ruin (The Hills of Emyn Muil)
2x Sneak Attack (Core Set)
3x Stand and Fight (Core Set)
2x The Galadhrim’s Greeting (Core Set)
2x Valiant Sacrifice (Core Set)
A historia comeza con Faramir e os seus exploradores seguindo o rastro do aduaneiro Gollum. Os primeiros días non deron moito resultado nesa busca, pero conseguiron contactar cunhas elfas que, comprendendo o perigo de deixar una criatura tan cretina libre, decidín botarlles unha man. Após este contacto, as pegadas son cada vez máis claras pero intérnanse no pantano dos mortos. Afortunadamente, Théodred xunto coa súa irmá de corazón Éowyn atopábanse patrullando a zona cunha pequena forza de cabaleiros. Faramir traza un plan: as elfas, el e os seus seguirán o rastro de Gollum namentres cós cabalos serán empregados para impedir que poda escapar do perigoso pantano. Todo saíu ben e conseguín obter a vitoria do escenario dúas veces consecutivas. Gollum foi capturado!
As elfas ofrécense a custodiar á criatura en Lothlórien, alí estará a salvo e non poderá facer máis dano. A ruta máis rápida semella ser remontando o longo Anduin polo que, escoltados polas forzas de Rohan, os heroes emprenden tan duro camiño. Non só hai problemas con criaturas malignas, senón que tamén atopan uns homes dos bosques sendo atacadas polas mesmas. Non queda outra que axudar e, finalmente, obteñen un amábel aliado en Haldan. Desgraciadamente, Gollum conseguiu fuxir polo río corrente abaixo. Faramir tómao como algo persoal e decide por rumbo a Gondor para comunicar o fracaso da misión, non sen antes despedirse e agradecerlle toda a axuda as súas compañeiras elfas, aos cabaleiros de Rohan e, moi especialmente, a Éowyn. Eles dous non o saben, pero inda lles quedará un longo futuro xuntos.
Na parte lúdica da misión remontando o Anduin levoume dous longos intentos conseguir a vitoria, modificando levemente as barallas para adaptalas mellor ao desafío para o segundo tento. Coido que lle teño cariño a Rossiel e o estilo de xogo que implica, pero a verdade e que non consigo sacar moito rédito das cartas que poño na zona de vitoria. A sinerxía entre ambos mazos funcionou máis ou menos ben e conseguín manterme nunha ameaza baixa para poder aproveitar todas as ferramentas ao meu alcance, podendo escoller os inimigos aos que me enfrontaba. Da aventura aprendín moito, pero o análise de Darkling Door é moito mellor có que poida facer eu.
- Pantanos dos Mortos: 74 / 75.
- Remontando o Anduin: D / 189.
- Tempo de xogo: 19 + 19 + 81 + 97 minutos.
O señor dos aneis LCG. Volvendo ao medo do senescal
Logo das aventuras previas de Faramir, este volveu a Minas Tirith para descansar das súas aventuras e soñar con aquela doncela coa que compartiu experiencias tan intensas. Pero tampouco tivo oportunidade de facer moitos plans de futuro, xa que o seu pai Denethor mandouno aos baixos fondos da cidade a investigar unha conspiración contra o reino de Gondor, namentres el facía as súas pescudas dende a comodidade da súa oficina. Lonxe do terreo no que se sente máis cómodo, Faramir chegou a unha taberna xunto ao hobbit Meriadoc de Brandigamo, e comezaron a tirar do fío entre os dous. Non foron os primeiros que seguiron a pista deste medo do senescal pero, ao igual que os seus precursores, tamén fracasaron no seu intento.
Non obstante, Denethor non se deu por derrotado. Desta vez conseguiu convencer a Éowyn e a Beravor para que seguisen as pistas, mentres el guiáballes sobre os encontros que lles poderían facer fracasar na misión. Inda que a idea era boa, as mulleres non conseguiron obter información nova. Isto repetiuse dende o comezo outras dúas veces co mesmo resultado, a pesares dos disfraces que levaban as mulleres para tentar pasar desapercibidas. Foi na cuarta incursión consecutiva cando por fin remataron a investigación e deron boa conta do vilán… para darse conta entón de que non pasaran polas raíces do Mindolluin, unha localización obrigatoria na misión! Seguramente acadase unha vitoria igualmente se me tivera lembrado, pero marqueina coma nula por ese motivo. A baralla nese intre tiña esta pinta, minimizando o ataque dos aliados para que as súas coiteladas polas costas non doesen moito:
Hero (3)
Beravor (Core Set)
Denethor (Core Set)
Éowyn (Core Set) Ally (26)
3x Anfalas Herdsman (The Steward’s Fear)
3x Curious Brandybuck (The Wastes of Eriador)
3x Ethir Swordsman (The Steward’s Fear)
3x Galadhrim Healer (The Dread Realm)
3x Gandalf (Core Set)
2x Gléowine (Core Set)
1x Henamarth Riversong (Core Set)
3x Hunter of Lamedon (Heirs of Númenor)
2x Miner of the Iron Hills (Core Set)
3x Ranger of Cardolan (The Wastes of Eriador)
Attachment (10)
3x Ancient Mathom (A Journey to Rhosgobel)
3x Athelas (The Lost Realm)
1x Dark Knowledge (Core Set)
2x The Long Defeat (The Battle of Carn Dûm)
1x Unexpected Courage (Core Set)
Event (11)
2x A Test of Will (Core Set)
3x A Watchful Peace (Heirs of Númenor)
3x Distant Stars (Escape from Mount Gram)
3x Stand and Fight (Core Set)
Player Side Quest (3)
1x Double Back (Escape from Mount Gram)
1x Gather Information (The Lost Realm)
1x Scout Ahead (The Wastes of Eriador)
A baralla logo foi trocando pouco a pouco, incorporando primeiro a Glorfindel no canto de Beravor, e logo Rossiel no lugar de Éowyn, rematando tan só con heroes da esfera do saber. As partidas resultaron bastante interesantes, pero pouco efectivas, recollendo un total doutras cinco derrotas consecutivas no mesmo escenario. A salvación chegou da man do desafío diario de RingsDB, xa que trataba de empregar o meu primeiro mazo publicado nese sitio para capturar a Gollum nos Pantanos dos Mortos. Conseguino sen problemas, e logo aproveitei a mesma baralla para xuntala coa de Glorfindel e compañía e volver ao medo do senescal. Dito escenario é máis sinxelo a dúas mans, polo que non tiven moito problema en chegar até o final, onde unha iteración non agardada entre as estacas de montaraz e a filla de Berúthiel deixoume bloqueado sen poder superar a misión. No segundo tento con dúas barallas si que acadei a vitoria cun total de 147 puntos. Xa era hora!
- Derrotas: 10.
- Vitorias: 1.
- Partidas nulas: 1.
- Tempo de xogo: 6.5 horas (repartidas entre 8 días).
- Tempo medio de partida: 33 minutos.
- Heroes diferentes empregados: 10.
O señor dos aneis LCG. Contra a sombra
Despois de conseguir a vitoria no medo do senescal, inda me ficaban catro aventuras do ciclo Contra a sombra por xogar e gañar. Cunha morea de cartas novas grazas a unhas ofertas que atopei en novembro, comecei por facer unha baralla de medianos por primeira vez na miña vida. A primeira parada foi un encontro en Amon Dîn, lonxe da Comarca orixinaria dos protagonistas Bilbo, Merry e Gordiño (si, un grupo peculiar). A misión foi das máis doadas que recordo, inda que rematei con bastantes baixas entre os pobres granxeiros, xa que os hobbits preferiron tomalo con calma e só amosarse cando era preciso. Foi un agradábel cambio de aires iso de atoparse cun mazo de encontros que sorprende polas mecánicas pero que non é tan cruel coma outros. Conseguín tres vitorias, logo dunha primeira partida por nula por non engadir unha carta á área de preparación cando tocaba… un pequeno erro por non ler as cartas con calma.
Hero (3)
Bilbo Baggins (Mount Gundabad)
Fatty Bolger (The Black Riders)
Merry (The Black Riders) Ally (21)
3x Bywater Shirriff (The Fate of Wilderland)
3x Curious Brandybuck (The Wastes of Eriador)
3x Descendant of Thorondor (The Hills of Emyn Muil)
3x Farmer Maggot (The Black Riders)
3x Gandalf (Core Set)
3x Gondorian Spearman (Core Set)
3x West Road Traveller (Return to Mirkwood)
Attachment (13)
3x Ancient Mathom (A Journey to Rhosgobel)
3x Dagger of Westernesse (The Black Riders)
3x Hobbit Pony (The Wastes of Eriador)
2x Necklace of Girion (The Wilds of Rhovanion)
2x Sting (Mount Gundabad)
Event (16)
2x A Test of Will (Core Set)
2x Feint (Core Set)
3x Halfling Determination (The Black Riders)
3x Hobbit-sense (Encounter at Amon Dîn)
2x Quick Strike (Core Set)
1x Swift Strike (Core Set)
3x The Shirefolk (Mount Gundabad)
Logo os medianos foron a botar unha man no asalto a Osgiliath, pero claramente non eran os axeitados para a tarefa, entre outras cousas porque unha baralla dunha única cor é case un requisito. Tomaron o relevo entón as espirituais Arwen, Éowyn e Caldara. Claramente o escenario non está pensado para ser xogado en solitario, xa que foron catro vitorias extraordinariamente rápidas (a máis lenta foi en 10 minutos!). A mecánica de tomar e protexer as localizacións soa interesante, pero coido que pode ser unha espiral de derrota xogando a máis xogadores. Non puntúa moi alto na miña clasificación de escenarios divertidos. Velaquí a baralla que se pilotaba soa até as vitorias, sen nin sequera ter que empregar a habilidade de Caldara:
Hero (3)
Arwen Undómiel (The Dread Realm)
Caldara (The Blood of Gondor)
Éowyn (Core Set) Ally (27)
3x Curious Brandybuck (The Wastes of Eriador)
1x Damrod (Heirs of Númenor)
2x Elfhelm (The Dead Marshes)
3x Emery (The Blood of Gondor)
3x Escort from Edoras (A Journey to Rhosgobel)
3x Ethir Swordsman (The Steward’s Fear)
3x Gandalf (Core Set)
3x Lindir (The Battle of Carn Dûm)
3x The Riddermark’s Finest (The Hills of Emyn Muil)
3x West Road Traveller (Return to Mirkwood)
Attachment (10)
3x Ancient Mathom (A Journey to Rhosgobel)
3x Silver Harp (The Treachery of Rhudaur)
3x Steed of Imladris (Across the Ettenmoors)
1x Unexpected Courage (Core Set)
Event (11)
2x A Test of Will (Core Set)
1x Dwarven Tomb (Core Set)
3x Elven-light (The Dread Realm)
3x Stand and Fight (Core Set)
2x The Galadhrim’s Greeting (Core Set)
Player Side Quest (2)
1x Double Back (Escape from Mount Gram)
1x Gather Information (The Lost Realm)
Da mesma maneira que pasou cos medianos, as mulleres espirituais do anterior parágrafo non eran moi válidas para a misión do sangue de Gondor. O relevo tomárono Amarthuil, Halbarad, Beravor e todos os seus amigos Dúnedain; contaba con ter moitos inimigos enfrontados co grupo entre os que saen polo método habitual e os que viñan das cartas ocultas, novidade desta misión. O plan saíu bastante ben, obtendo a vitoria en tres das cinco partidas que xoguei con esta baralla, todas agás unha bastante interesantes con decisións constantes. Coido que podería ter forzado un pouco máis algunhas veces acumulando cartas ocultas, pero polo xeral tentei ir dándolles a volta o antes posíbel para non levarme un susto de golpe. Máis ou menos levei estas cartas, con algúns axustes feitos sobre a marcha:
Hero (3)
Amarthiúl (The Battle of Carn Dûm)
Beravor (Core Set)
Halbarad (The Lost Realm) Ally (25)
3x Daughter of the Nimrodel (Core Set)
3x Dúnedain Hunter (The Lost Realm)
3x Fornost Bowman (The Dread Realm)
3x Gandalf (Core Set)
3x Guardian of Arnor (The Battle of Carn Dûm)
1x Henamarth Riversong (Core Set)
3x Ranger of Cardolan (The Wastes of Eriador)
3x Sarn Ford Sentry (The Lost Realm)
3x Weather Hills Watchman (The Lost Realm)
Attachment (13)
1x Dark Knowledge (Core Set)
3x Elf-stone (The Black Riders)
3x Heir of Valandil (The Lost Realm)
1x Horn of Gondor (Core Set)
2x Steward of Gondor (Core Set)
3x Warrior Sword (The Ghost of Framsburg)
Event (12)
3x Descendants of Kings (Escape from Mount Gram)
2x Feint (Core Set)
3x Ranger Summons (The Lost Realm)
2x Sneak Attack (Core Set)
2x Valiant Sacrifice (Core Set)
Para o xiro argumental final no val de Morgul precisábase outra vez unha baralla dunha única cor, preferibelmente de táctica. Colléralle agarimo aos hobbits, polo que decidín recuperar a Bilbo e Merry, acompañados de Théoden. A estas alturas xa coñecía bastante ben a baralla de encontros, polo que metín moitas cartas específicas para contrarrestar as que poderían saír. Tiven bastante sorte en xeral porque había algunhas combinacións que poderían resultar fatais, pero inda así apañeime para recadar dúas vitorias en catro partidas entretidas e con bastante pouco marxe de manobra. Parte do éxito foi intentar aplicar moitas instancias de dano diferentes sobre o Nazgûl para contrarrestar a súa redución de todo o dano recibido a 1. A táctica e ben aparente vendo as cartas involucradas:
Hero (3)
Bilbo Baggins (Mount Gundabad)
Merry (The Black Riders)
Théoden (The Morgul Vale) Ally (26)
3x Beechbone (The Battle of Carn Dûm)
3x Defender of Rammas (Heirs of Númenor)
3x Descendant of Thorondor (The Hills of Emyn Muil)
3x Farmer Maggot (The Black Riders)
3x Gandalf (Core Set)
3x Gondorian Spearman (Core Set)
2x Guthlaf (The Blood of Gondor)
3x Honour Guard (The Wastes of Eriador)
3x Knight of Minas Tirith (Assault on Osgiliath)
Attachment (13)
3x Bow of Yew (The Wilds of Rhovanion)
1x Horn of Gondor (Core Set)
3x Round Shield (Mount Gundabad)
3x Secret Vigil (The Lost Realm)
3x Spear of the Citadel (Heirs of Númenor)
Event (10)
2x Feint (Core Set)
3x Halfling Determination (The Black Riders)
2x Quick Strike (Core Set)
1x Swift Strike (Core Set)
2x Thicket of Spears (Core Set)
Player Side Quest (1)
1x Gather Information (The Lost Realm)
De todo o ciclo de Herdeiros de Númenor e Contra a sombra só me fica unha aventura por gañar: o asedio de Cair Andros. Pero para iso conto con dous compañeiros cos que tento superala con tres barallas ao mesmo tempo. Polo de agora levamos moitos fracasos, pero temos o propósito de superala antes de trocar a outra cousa. O obxectivo está preto e lonxe ao mesmo tempo, pero quizais iso sexa parte dunha futura entrada. Até outra!
O señor dos aneis LCG. Asedio de Cair Andros
Xa falara do meu gran fracaso tentando resistir o asedio na illa de Cair Andros en solitario. En troques de escoller un equipo de heroes máis axeitado para esa misión, decidín elixir a un par de xogadores para que me botasen unha man co desafío. Nese momento xa non lembraba ben os puntos importantes da misión, máis aló de que a defensa era importante para avanzar na primeira misión. Non obstante, non quería facer barallas que estivesen moi enfocadas a simplemente superar esta misión para que non resultase demasiado doada, polo que tirei con barallas xenéricas: unha de noldor, unha do val e outra monotáctica con Beregond, Legolas e Gimli. Xogamos tres partidas nun mesmo día con esta configuración, pero foron todas un fracaso porque non tiñamos defensa suficiente para avanzar na misión e as barallas con personaxes de máis dunha cor non son nada axeitadas para boa parte das misións deste ciclo debido a certa carta de traizón.
Dúas semanas despois tivemos outra tríade de intentos, trocando esta vez a tres mazos dunha soa cor: saber con Glorfindel, Beravor e Denethor focalizado en cura e en minimizar o dano do mazo de encontros; táctica con Gimli, Thalin e Beregond que tanto pode defender coma atacar coma avanzar nas misións de asedio; e un de liderado protagonizado por Gloin, Boromir e Dáin pé de ferro cuxo plan era outorgar bonificacións aos ananos e gondorianos da mesa mentres aproveitaba os recursos adicionais de Gloin. Foi mellor que no primeiro día pero non estivemos nada preto de conseguir a vitoria. Este plan repetiuse un mes máis tarde trocando algunhas cartas, especialmente no mazo de saber para meter a Faramir no lugar de Glorfindel e engadir algunhas trampas, pero tampouco resultou excepcionalmente efectivo.
Semellaba que o mazo de saber non estaba a contrarrestar os danos dos ataques dos arqueiros tanto como eu supuña, polo que decidín trocalo por outro máis acorde ao desafío. Coincidiu tamén que no mes de intervalo entre unhas partidas e outras adquirín novas cartas, entre as que destacarei a Dáin na esfera de espírito, axudando a paliar os puntos baixos de defensa que hai nesa cor. Claramente Eleanor tiña que facer acto de presenza para cancelar certas traizóns que nos fastidiaban a partida case sempre, e o terceiro oco da baralla resultou en Bardo para liberar aos outros mazos da necesidade de levar cartas vinculadas deixando que este tomase un rol máis de apoio. Xogamos cinco partidas en dúas sesións chegando a tres puntos de misión de conseguir a vitoria! Finalmente, outro mes máis tarde, xa no ano novo e con algunhas lixeiras adaptacións nas barallas, conseguimos a derrota á primeira! Velaquí as cartas que compoñían cada un:
Hero (3)
Amarthiúl (The Battle of Carn Dûm)
Halbarad (The Lost Realm)
Prince Imrahil (A Journey to Rhosgobel)
Ally (30)
3x Gandalf (Core Set)
3x Greenwood Defender (Mount Gundabad)
3x Guardian of Arnor (The Battle of Carn Dûm)
2x Longbeard Orc Slayer (Core Set)
3x Ranger of Cardolan (The Wastes of Eriador)
3x Redwater Sentry (The Wilds of Rhovanion)
3x Snowbourn Scout (Core Set)
1x Soldier of Erebor (The Ghost of Framsburg)
3x Squire of the Citadel (The Blood of Gondor)
3x Veteran of Osgiliath (Escape from Mount Gram)
3x Warrior of Lossarnach (The Steward’s Fear)
Attachment (5)
3x Ancestral Armor (Roam Across Rhovanion)
2x Steward of Gondor (Core Set)
Event (15)
3x Descendants of Kings (Escape from Mount Gram)
2x For Gondor! (Core Set)
3x Reinforcements (The Treachery of Rhudaur)
2x Sneak Attack (Core Set)
3x Strength of Arms (The Drúadan Forest)
2x Valiant Sacrifice (Core Set)
Hero (3)
Bard son of Brand (The Wilds of Rhovanion)
Dáin Ironfoot (The Ghost of Framsburg)
Eleanor (Core Set)
Ally (9)
3x Lindir (The Battle of Carn Dûm)
3x Minas Tirith Lampwright (Encounter at Amon Dîn)
3x The Riddermark’s Finest (The Hills of Emyn Muil)
Attachment (33)
3x Armor of Erebor (Mount Gundabad)
1x Dúnedain Cache (The Dead Marshes)
1x Glamdring (Roam Across Rhovanion)
3x Gondorian Shield (The Steward’s Fear)
3x Hauberk of Mail (The Wilds of Rhovanion)
1x Horn of Gondor (Core Set)
1x Mithril Shirt (The Fate of Wilderland)
1x Palantir (Assault on Osgiliath)
1x Raven-winged Helm (The Wastes of Eriador)
1x Ring of Barahir (The Steward’s Fear)
2x Ring of Thrór (The Ghost of Framsburg)
3x Round Shield (Mount Gundabad)
3x Spear of the Citadel (Heirs of Númenor)
2x Steed of the Mark (The Morgul Vale)
1x Unexpected Courage (Core Set)
3x Valiant Determination (The Ghost of Framsburg)
3x Warrior Sword (The Ghost of Framsburg)
Event (8)
2x A Test of Will (Core Set)
3x Hidden Cache (The Morgul Vale)
3x Well-Equipped (The Blood of Gondor)
Hero (3)
Beregond (Heirs of Númenor)
Gimli (Core Set)
Thalin (Core Set)
Ally (25)
3x Defender of Rammas (Heirs of Númenor)
3x Derndingle Warrior (Escape from Mount Gram)
1x Gandalf (Core Set)
3x Gondorian Spearman (Core Set)
3x Honour Guard (The Wastes of Eriador)
3x Longbeard Sentry (Across the Ettenmoors)
3x Meneldor (Roam Across Rhovanion)
3x Vassal of the Windlord (The Dead Marshes)
3x Veteran Axehand (Core Set)
Attachment (2)
2x Citadel Plate (Core Set)
Event (23)
3x Behind Strong Walls (Heirs of Númenor)
2x Feint (Core Set)
3x Gondorian Discipline (Encounter at Amon Dîn)
3x Hold Your Ground! (The Battle of Carn Dûm)
3x Hope Rekindled (Across the Ettenmoors)
3x Horn’s Cry (The Treachery of Rhudaur)
1x Hour of Wrath (The Dread Realm)
2x Quick Strike (Core Set)
1x Swift Strike (Core Set)
2x Thicket of Spears (Core Set)
Nesa última sesión tivemos sorte coas cartas do mazo de encontros e fomos capaces de sacarlle vantaxe quenda tras quenda. A nosa ameaza mantívose baixa case até o final, non tivemos que facer case ningún bloqueo perigoso e un Gimli nomeado senescal de Gondor, que atacaba a distancia con once puntos de ataque, e que podía ir case de balde as misións, encargouse de que non houbese inimigos que nos puidesen dar unha puñalada nos compases finais da partida; até entón, a baralla de liderado encargouse de defender todo o defendíbel, sempre coa axuda dos obxectos que Bardo puña en xogo. A vitoria foi nosa case cinco meses despois de comenzar a aventura e coido que agora teño prohibido volver a sacar este asedio de Cair Andros con este grupiño de por vida. En total foron dezaseis partidas para obter un único triunfo cun total de 192 puntos e aprendernos a baralla de encontros mellor que se tivésemos tatuado o artigo de Vision of the Palantir sobre esta misión.
O señor dos aneis LCG. Unha sombra do pasado
Inda que xa estreara as cartas de xogador da caixa dos Xinetes Negros o ano pasado, non atopei ganas de comezar a saga oficial do Señor dos aneis até que conseguín a outra caixa que completa a parte da Comunidade do Anel. Como o único heroe que vén nesa expansión é Gandalf, decidín facer unha baralla con este mago acompañando a Frodo, Pippin e Merry; supoño que Sam aparecerá máis adiante, plantándolle cara a Saruman nesta interpretación alternativa da historia de Tolkien. As cartas seleccionadas partiron da base da colección de xoguetes do Istari, algunhas que interactúan cos medianos e algunhas outras habituais dos mazos de saber e espírito.
Hero (4)
Frodo Baggins (The Black Riders)
Gandalf (The Road Darkens)
Merry (The Wastes of Eriador)
Pippin (The Black Riders) Ally (19)
2x Bilbo Baggins (The Road Darkens)
3x East Road Ranger (The Wastes of Eriador)
3x Galadhrim Healer (The Dread Realm)
3x Galadhrim Weaver (The Treachery of Rhudaur)
2x Gléowine (Core Set)
1x Henamarth Riversong (Core Set)
2x Northern Tracker (Core Set)
3x Wellinghall Preserver (Across the Ettenmoors)
Attachment (12)
3x Fast Hitch (The Dead Marshes)
2x Gandalf’s Staff (The Road Darkens)
2x Hobbit Pipe (The Black Riders)
2x Hobbit Pony (The Wastes of Eriador)
1x Unexpected Courage (Core Set)
2x Wizard Pipe (The Road Darkens)
Event (16)
2x A Test of Will (Core Set)
3x Drinking Song (Mount Gundabad)
3x Flame of Anor (The Road Darkens)
3x Rumour from the Earth (Return to Mirkwood)
3x Smoke Rings (The Black Riders)
2x The Galadhrim’s Greeting (Core Set)
Player Side Quest (3)
1x Double Back (Escape from Mount Gram)
1x Gather Information (The Lost Realm)
1x Scout Ahead (The Wastes of Eriador)
A primeira partida da campaña, no escenario Unha sombra do pasado, foi ben. Conseguín estabilizar o taboleiro nas primeiras quendas e compensando con aliados novos toda a ameaza que aparecía na área de preparación, especialmente en forma de Nazgûls. Chegaron a estar os cinco nesa zona ben aliñados namentres eu tentaba avanzar dunha etapa á seguinte; tematicamente estaba a agocharme dos sicarios de Sauron incorporando máis e máis aliados ao meu grupo, incluíndo algúns ents xigantes, o cal non deixa de ter bastante graza e amosa algunhas das limitacións do sistema. Precisamente rematei a partida satisfactoriamente grazas á forza deses custodios, inda que me levou bastantes quendas porque non deixaban de saír novos lugares que me bloqueaban as posibilidades de vitoria. Até tiven tempo de ir eliminando aos cabaleiros negros un por un antes de gañar… inda que a vitoria foi nula porque esquecín ter en conta a carga do atraso de Gandalf ao comezo da partida!
Resultou que tiña preparada toda a partida o día anterior cando me decatei de que faltaba esa carta, pero confiei no Xogón do futuro para que se lembrase de engadila antes de comezar. Non funcionou. Por tanto tiven que xogar outra partida un terceiro día para limparme dese sentimento de porcallada por non ter interpretado ben as regras. Esa partida foi moito máis directa, deixando que Gandalf eliminase aos cabaleiros segundo ían aparecendo e conseguindo unha vitoria cómoda na oitava quenda sen facer máis ca unha proba de ocultación… como? que iso non é posíbel porque hai polo menos dúas obrigatorias? Pois é verdade! Son tan paparón que estaba a xogar coma se as probas de ocultación foxen equivalentes ás de fuxida das expansións do primeiro ciclo. Basicamente facía moitas menos das que tocaban e moito máis sinxelas, o cal me beneficiou moito, claro.
Pois nada, tocará unha terceira partida e a ver se xogo con máis calma e lendo ben todas as cartas. E desta vez abofé que si que o fixen, ou polo menos inda non me decatei de ningún erro. Desta vez tocoume facer máis probas de ocultación e até fracasei algunhas, estando moi preto de perder a un heroe pero conseguindo unha vitoria, agardo que merecida, na decimoquinta quenda. Agora si que estou listo para pasar á segunda misión da caixa. Decidín conservar a axuda de Gildor Inglorion e a carga do atraso de Gandalf. Non vamos mal, veremos coma seguiremos!
O señor dos aneis LCG. Os xinetes negros
Tiña pendente a continuación da saga dos Xinetes Negros logo de superar a primeira misión con Gandalf e uns poucos hobbits. Un par de días despois, dinlle un segundo tento á segunda, Un coitelo na escuridade, pero fracasei na última fase cando apareceron todos os Nazgûl que mesturei na baralla de encontros sen ter maneira de esquivar os seus ataques no outeiro do vento. Ao contrario ca no libro, non só feriron a Frodo senón que non deixaron nin a Gandalf vivo. A idea de levar ao istari debeuse máis ao síndrome do xoguete novo ca a unha decisión estratéxica pensada; por tanto, decidín volver a comezar a campaña cun equipo composto unicamente de hobbits, xa que a presenza do mago condicionaba moito toda a partida e semellaba un punto negativo. Xa postos, decidín construír a baralla coas restricións, e tamén as vantaxes, do contrato do vínculo de amizade. É a primeira vez que xogo cunha carta que non teño, pero os contratos son ben interesantes e este en particular non ten efecto máis aló da construción do mazo, polo que fixen unha excepción para montar a seguinte baralla:
Hero (5)
Fatty Bolger (The Black Riders)
Frodo Baggins (The Black Riders)
Merry (The Black Riders)
Pippin (The Black Riders)
Sam Gamgee (The Black Riders)
Contract (1)
1x Bond of Friendship (The Fortress of Nurn)
Ally (14)
2x Barliman Butterbur (The Black Riders)
2x Bill the Pony (The Black Riders)
2x Gandalf (Core Set)
1x Henamarth Riversong (Core Set)
2x Honour Guard (The Wastes of Eriador)
1x Ingold (The Wastes of Eriador)
2x Snowbourn Scout (Core Set)
2x Wild Stallion (Roam Across Rhovanion)
Attachment (14)
2x Dagger of Westernesse (The Black Riders)
2x Fast Hitch (The Dead Marshes)
2x Fellowship of the Ring (The Road Darkens)
2x Hobbit Cloak (The Black Riders)
2x Hobbit Pony (The Wastes of Eriador)
2x Ranger Provisions (Across the Ettenmoors)
2x Round Shield (Mount Gundabad)
Event (19)
2x A Test of Will (Core Set)
2x Drinking Song (Mount Gundabad)
2x Feint (Core Set)
2x Frodo’s Intuition (The Black Riders)
2x Halfling Determination (The Black Riders)
2x Hobbit-sense (Encounter at Amon Dîn)
2x Small Target (Encounter at Amon Dîn)
1x Stand and Fight (Core Set)
2x Take No Notice (The Black Riders)
2x The Shirefolk (Mount Gundabad)
Player Side Quest (3)
1x Double Back (Escape from Mount Gram)
1x Scout Ahead (The Wastes of Eriador)
1x Send for Aid (The Treachery of Rhudaur)
Con tanto hobbit, Merry é unha máquina de matar e Ingold (que nunca o empregara antes) pode ter cinco puntos de vontade custando tan só tres recursos. Este personaxe e Gandalf foron as únicas carta que superaban os dous recursos para poñelas en xogo, xa que pensaba que cun único heroe por esfera tería bastantes problemas para xogar as cartas máis caras. Estaba moi equivocado, xa que os hobbits van calma e acaban acumulando recursos tras tantas roldas agochándose dos inimigos. Non obstante, chegoume para superar outra vez a primeira misión da caixa, inda que logo desvelaría que foi un pouco rara porque esquecera devolver unhas cartas á baralla de encontros que tiña apartadas para a misión seguinte; desta vez aceptei a vitoria indecente porque xa a superara no pasado. Coas mesmas cartas de xogador enfronteime á segunda misión, desta vez os avisos de Bill Folgueira subíronme constantemente a ameaza e, para cando chegou o Rei Bruxo, non puiden aguantar máis.
Para o segundo tento decidín facer algúns trocos na miña baralla, subindo un pouco o custe medio e aproveitando que no Poni Rampante atopamos gratis a un aliado. Tamén incluín unha maneira de enfrontarme directamente a Bill e outra para que os nazgûl non volvan logo de mortos. O plan funcionou ben, con Elfhelm entrando á mesa cedo e Bill morto na terceira quenda. Arrisquei cun ataque non bloqueado que me saíu ben e, cando chegou o Rei Bruxo con dous nazgûl, apañeime para agochar un viaxando polos outeiros e rematar co resto nunha única quenda coa gran forza de Merry, Sam e Gandalf, que esta vez simplemente pasou por alí no momento crítico. O bo de Merry gañou o título de guerreiro e comezará a seguinte partida cun punto adicional de forza! Non sei se lle fará moita falla, xa que agora toca levar a Frodo canto antes a Rivendel para podelo curar. Esta foi a baralla que solucionou a misión:
Hero (5)
Fatty Bolger (The Black Riders)
Frodo Baggins (The Black Riders)
Merry (The Black Riders)
Pippin (The Black Riders)
Sam Gamgee (The Black Riders)
Contract (1)
1x Bond of Friendship (The Fortress of Nurn)
Ally (16)
2x Barliman Butterbur (The Black Riders)
2x Bill the Pony (The Black Riders)
1x Elfhelm (The Dead Marshes)
1x Faramir (Core Set)
2x Gandalf (Core Set)
1x Henamarth Riversong (Core Set)
2x Honour Guard (The Wastes of Eriador)
1x Ingold (The Wastes of Eriador)
2x Snowbourn Scout (Core Set)
2x West Road Traveller (Return to Mirkwood)
Attachment (8)
2x Dagger of Westernesse (The Black Riders)
2x Fast Hitch (The Dead Marshes)
2x Hobbit Cloak (The Black Riders)
2x Hobbit Pony (The Wastes of Eriador)
Event (24)
2x A Test of Will (Core Set)
2x Feint (Core Set)
2x Frodo’s Intuition (The Black Riders)
2x Halfling Determination (The Black Riders)
2x Hasty Stroke (Core Set)
2x Hobbit-sense (Encounter at Amon Dîn)
2x None Return (Across the Ettenmoors)
2x Shadow of the Past (Return to Mirkwood)
2x Sneak Attack (Core Set)
2x Take No Notice (The Black Riders)
2x The Shirefolk (Mount Gundabad)
2x Tireless Hunters (The Lost Realm)
Player Side Quest (2)
1x Double Back (Escape from Mount Gram)
1x Scout Ahead (The Wastes of Eriador)
Con esa mesma combinación de cartas, conseguín superar á primeira a seguinte misión da campaña e última da caixa: Fuxindo ao vao. Non teño moito que contar porque a superei ben rápido e sen momentos arriscados. Na primeira quenda Merry aproveitou os seus seis puntos de ataques iniciais para dar boa conta do primeiro nazgûl, e dende aí controlei o mazo de encontros totalmente. A carga obrigatorio que me acompañará durante o resto da campaña é a do pánico, que é bastante benevolente polo que vexo no resumo de Visions of the Palantir. Ao final tiven tanto a opción de loitar contra o Rei Bruxo, coma descartalo viaxando polo vao do Brunien, coma esquecelo. Ao final optei polo camiño máis complicado de vadear o Brunien pero non descartar ao inimigo, pero inda así a vantaxe que levaba era abondo como para que non importase moito. Xa veremos como vai na seguinte caixa: o camiño escurécese.
O señor dos aneis LCG. O anel viaxa cara o sur
Os cinco hobbits apañáronse para deixar atrás aos xinetes negros no anterior capítulo e chegar a Rivendel. Alí decidiuse que o anel terá que viaxar ao sur, levado por Frodo e acompañado polo resto dos pequenos protagonistas. A novidade desta misión é que temos unha primeira misión que é bastante beneficiosa, xa que nos reparte algunhas cartas de balde logo do concilio de Elrond; lembroume á interpretación no xogo de taboleiro de Reiner Knizia que tamén conta a historia do libro máis famoso de Tolkien. O primeiro que tocaba entón era pasar por Caradhras, por moito que xa saibamos que iso non vai funcionar. Para facelo máis temático, saíume a traizón da nevada mesturada con vento, polo que tentar atravesalo converteuse nunha épica máis complicada. Tan complicada que o resto de localizacións fóronse acumulando sen explorar e non puiden saír nunca da espiral de fases de misión con resultados negativos. Era momento de facer uns axustes á baralla, aproveitando a posibilidade de xogar gratis unha carta, engadindo maior control para as localizacións e eliminando algunhas que xa non viñan a conto. Este foi o resultado:
Hero (5)
Fatty Bolger (The Black Riders)
Frodo Baggins (The Black Riders)
Merry (The Black Riders)
Pippin (The Black Riders)
Sam Gamgee (The Black Riders)
Contract (1)
1x Bond of Friendship (The Fortress of Nurn)
Ally (21)
2x Barliman Butterbur (The Black Riders)
2x Bill the Pony (The Black Riders)
2x Faramir (Core Set)
2x Gandalf (Core Set)
1x Henamarth Riversong (Core Set)
2x Ingold (The Wastes of Eriador)
2x Meneldor (Roam Across Rhovanion)
2x Northern Tracker (Core Set)
2x Silvan Refugee (The Drúadan Forest)
2x Snowbourn Scout (Core Set)
2x West Road Traveller (Return to Mirkwood)
Attachment (12)
2x Dagger of Westernesse (The Black Riders)
2x Elf-stone (The Black Riders)
2x Fast Hitch (The Dead Marshes)
2x Hobbit Cloak (The Black Riders)
2x Hobbit Pony (The Wastes of Eriador)
2x The Long Defeat (The Battle of Carn Dûm)
Event (16)
2x A Test of Will (Core Set)
2x Feint (Core Set)
2x Frodo’s Intuition (The Black Riders)
2x Halfling Determination (The Black Riders)
2x Hobbit-sense (Encounter at Amon Dîn)
2x Quick Strike (Core Set)
2x Shadow of the Past (Return to Mirkwood)
2x The Shirefolk (Mount Gundabad)
Player Side Quest (1)
1x Scout Ahead (The Wastes of Eriador)
Desta segunda vez as cousas foron máis doadas, polo menos no comezo. O reparto inicial no concilio de Elrond non foi especialmente interesante, mais o mazo de encontros portouse moito mellor e non me lanzou ningunha combinación desastrosa. Os medianos obtiveron algúns puntos de dano polas localizacións percorridas pero conseguiron chegar até as portas de Durin. Lamentablemente, e como non podía ser doutra maneira, Frodo foi capturado pola Vixía na Auga. O equipo acadou o salvamento de Frodo, pero o resto de aliados foron devorados polo mesmo monstros, deixando o tempo xusto para que os heroes descifrasen as portas nunha última quenda na que precisamente Gandalf apareceu para resolver o enigma (coma nos libros, mais non coma na película, se lembro ben). A comunidade do anel estaba dentro de Moria, mais os perigos non fixeron máis ca comezar.
Na seguinte aventura, Viaxe na escuridade, os problemas non viron até ben tarde. Dominei totalmente o mazo de encontros durante as primeiras quendas, inda que avancei un par de veces o reloxo do Balrog. Na segunda fase hai que derrotar tres inimigos para avanzar, e organicei as quendas do mazo de encontros para que xusto aparecese o Balrog cando podía ter a todos os meus personaxes preparados para atacalo, con cartas na man para obviar os seus ataques durante varias quendas. Desta maneira podería quitarme o perigoso inimigo e cumprir os requisitos para avanzar á última fase ao mesmo tempo. Un plan que nin pintaba tan mal, até que apareceu o Dano de Durin, uns dos seres máis poderosos sobre a Terra Media… Obviamente resultou inmune ás miñas cartas, polo que non podería esquivar os seus ataques, e ademais indestrutíbel con nove puntos de armadura e vinte e cinco de vida. Conseguín aguantar vivo para ver a última fase e decatarme do complicado que será conseguir a vitoria sen baixas. A ver se acado ese logro para a próxima!
O señor dos aneis LCG. A disolución da comunidade
Rematara o anterior capítulo do meu paseo pola saga d’O señor dos Aneis LCG nunha viaxe na escuridade que non resultara con éxito por mor do poderoso Balrog. Pero xa que sempre cabe a posibilidade de volver a intentar a partida, uns tres meses despois collín exactamente a mesma baralla que tiña preparada e acadei a vitoria nese novo tento! Xa sabía que agardar polo Balrog non era boa idea, polo que bulín todo o posíbel nas fases anteriores, estando moi preto de escapar antes de que aparecese. Mais unha mala elección fixo que na penúltima quenda fixese acto de presenza, acabando coa vida dun espirro menor e tamén coa do pobre Fredegar “Gordo” Bolger, que tivo un papel moito máis importante na miña crónica persoal que nos libros, polo que sempre será recordado no arquivo de heroes caídos en batalla.
Tocaba entón avanzar até a última aventura deste primeiro terzo do libro: a disolución da comunidade. Non me quedou outra que facer cambios na baralla, porque non tiña outro hobbit da esfera de espírito que puidese meter no lugar do Gordo. Fuxín do contrato do vínculo de amizade, volvendo ao estilo clásico de empregar tres heroes xunto ao Frodo convidado. Fixen algúns axustes mínimos á baralla anterior, eliminando as cartas de espírito e incrementando a conta de moitas outras para compensar. Nas dúas primeiras partidas non me foi ben de todo, como vén sendo habitual. Os problemas foron debidos á acumulación de inimigos na primeira etapa que atacan todos ao mesmo tempo ao comezar a segunda. Para a terceira partida, xa con máis coñecemento do que viña por diante, axustei algo máis as miñas cartas de xogador, resultando esta baralla:
Hero (4)
Frodo Baggins (The Black Riders)
Merry (The Black Riders)
Pippin (The Black Riders)
Sam Gamgee (The Black Riders)
Ally (21)
2x Barliman Butterbur (The Black Riders)
2x Bill the Pony (The Black Riders)
3x Dúnedain Hunter (The Lost Realm)
3x Elrond (The Road Darkens)
2x Faramir (Core Set)
3x Gandalf (Core Set)
1x Henamarth Riversong (Core Set)
3x Honour Guard (The Wastes of Eriador)
2x Miner of the Iron Hills (Core Set)
Attachment (9)
2x Dagger of Westernesse (The Black Riders)
2x Fast Hitch (The Dead Marshes)
2x Hobbit Cloak (The Black Riders)
3x The Long Defeat (The Battle of Carn Dûm)
Event (20)
3x Drinking Song (Mount Gundabad)
2x Feint (Core Set)
3x Frodo’s Intuition (The Black Riders)
2x Halfling Determination (The Black Riders)
2x Quick Strike (Core Set)
3x Shadow of the Past (Return to Mirkwood)
2x Sneak Attack (Core Set)
3x The Shirefolk (Mount Gundabad)
A vitoria veu polo camiño da combinación entre o Henamarth e as sombras do pasado, controlando moitísimo as primeiras quendas para asegurarme que non aparecía ningún perigo infranqueábel e repetindo cartas sen risco. Desta maneira cheguei á segunda etapa con tan só unha localización en xogo e un taboleiro que axudaría un pouco nas futuras leas. A combinación de Meriadoc “máquina-de-matar” Brandigamo armado coa Glamdring e Samsagaz “afouto” Gamllí protexido coa Dardo e cunha capa hobbit era moi boa. Trampeei algo máis a baralla de encontros xogando un cazador dúnedain que mesturou as cartas, para facer que a elección de Frodo non tivese por que estar abaixo de todo. O plan saíu a pedir de boca e só faltaba apurar nas dúas últimas quendas para superar a derradeira etapa canto antes e obter a vitoria cun total de 127 puntos. A nota negativa foi de Pippin, que traizoou á comunidade volvéndose malo! Mantíveno vivo até o final, aguantando os seus ataques pero sen forzas para contraatacar, unha mágoa que non houbo maneira de convencelo e agora formará parte dos heroes caídos xunto a Gordo.
Polo de agora non teño máis aventuras que xogar desta saga, nin teño previsto adquirilas dentro de pouco, polo que devolvín todas as cartas ás cadansúas caixas sen anotar o estado actual da campaña. Claramente este último escenario estaba deseñado para ser xogado con máis dun xogador polo que, chegado o día, quizais queira darlle unha nova pasada con dúas barallas. Estas partidas déronme ganas de xogar máis escenarios dos que teño por aí, probando outras combinacións de cartas, pero agora mesmo teño o Aeon’s End sen abrir, polo que supoño que dedicarei os meus esforzos a entendelo e, coñecéndome, queimalo. Xa lle tiña ganas dende hai ben tempo, polo que agardo que se atopa á altura das miñas altas expectativas. Xa vos contarei!
O señor dos aneis LCG. Viaxe polo Belegaer
Atopei unha oferta da expansión do Cazador de soños na súa versión reeditada, e xa me serviu de escusa para volver a este Señor dos aneis logo de case tres anos sen tocalo. Xa antes de abrir as caixas (que veñen tan baleiras que dá pena) tiña unha baralla montada virtualmente. A idea era aproveitar os etiquetados como noldor, cos heroes novos de Galdor e Círdan a carón do xa coñecido Erestor. Xa postos, inda que non teño a carta en físico, o contrato da viaxe perigosa, que obriga a incluír 100 cartas, soaba ben como compensación a descartar tantas por quenda. Pero o anel de Círdan non me remataba de convencer e supuxen que precisaría máis maneiras de xerar recursos, así que entrou Arwen no seu lugar. Quedando así:
Hero (3)
- Arwen Undómiel (The Dread Realm)
- Erestor (The Treachery of Rhudaur)
- Galdor of the Havens (The Grey Havens)
Ally (43)
- 2x Anborn (The Blood of Gondor)
- 3x Curious Brandybuck (The Wastes of Eriador)
- 3x Elrond (The Road Darkens)
- 3x Elven Jeweler (Escape from Mount Gram)
- 2x Erebor Hammersmith (Core Set)
- 3x Ered Nimrais Prospector (The Morgul Vale)
- 3x Galadhrim Weaver (The Treachery of Rhudaur)
- 3x Gandalf (Core Set)
- 3x Gildor Inglorion (The Hills of Emyn Muil)
- 1x Glorfindel (Flight of the Stormcaller)
- 1x Henamarth Riversong (Core Set)
- 2x Ioreth (A Storm on Cobas Haven)
- 2x Lindir (The Battle of Carn Dûm)
- 3x Lindon Navigator (The Grey Havens)
- 3x Loyal Hound (The Fate of Wilderland)
- 3x Minas Tirith Lampwright (Encounter at Amon Dîn)
- 3x Sailor of Lune (The Grey Havens)
Attachment (22)
- 3x Entangling Nets (Temple of the Deceived)
- 2x Forest Snare (Core Set)
- 1x Palantir (Assault on Osgiliath)
- 3x Poisoned Stakes (The Blood of Gondor)
- 2x Protector of Lórien (Core Set)
- 3x Ranger Spikes (Heirs of Númenor)
- 3x Silver Harp (The Treachery of Rhudaur)
- 3x Steed of Imladris (Across the Ettenmoors)
- 1x To the Sea, to the Sea! (The Grey Havens)
- 1x Unexpected Courage (Core Set)
Event (33)
- 2x A Test of Will (Core Set)
- 1x Dwarven Tomb (Core Set)
- 3x Elven-light (The Dread Realm)
- 3x Elwing’s Flight (The Grey Havens)
- 2x Hasty Stroke (Core Set)
- 1x Lords of the Eldar (The Battle of Carn Dûm)
- 2x Radagast’s Cunning (Core Set)
- 3x Reforged (The Fate of Wilderland)
- 3x Rumour from the Earth (Return to Mirkwood)
- 2x Secret Paths (Core Set)
- 3x Shadow of the Past (Return to Mirkwood)
- 3x Stand and Fight (Core Set)
- 2x Strength of Will (Core Set)
- 3x The Evening Star (The Grey Havens)
Player Side Quest (2)
- 1x Gather Information (The Lost Realm)
- 1x Scout Ahead (The Wastes of Eriador)
Hai aí unha amálgama de temas entre tanto cartón, pero basicamente incluín todas as cartas que considerei fortes xunto con outras que funcionan ben con tanto descarte. Tamén hai algunhas trampas que, por desgraza, non funcionan contra os barcos que atopei na primeira ventura, o cal ten certo sentido temático. Pola outra banda, pensei que sería unha lea física traballar con tantas cartas pero, polo menos sen fundas, non me resultou nada incómodo mesturalas todas cando tocaba.
Con todas esas, logo de tomar unha noite en ordear as cartas novas e comecei a primeira aventura: a viaxe a través do Belegaer. Serve como introdución ás mecánicas de navegación, que funcionan ben con todos eses persoanxes barateiros que levo e que realmente non poden facer moita cousa máis. Dese xeito, puiden manter o rumbo estable en todas as probas. E menos mal! Os barcos inimigos coa súa mecánica de abordaxe agardaban na área de preparación a que me desviase para abordarme con moreas de corsarios. Por sorte, nunca pasou iso, e conseguín completar a aventura en tan só catro quendas sen ningunha baixa, nin aliada nin inimiga. Podería ter gañado unha quenda antes, no mínimo posible, pero esquecinme de que o contrato elixido (para o que non teño carta nin ningún recordatorio) tiña unha habilidade que podería ter empregado para conseguir ese punto de vontade que tanto precisaba. Vencín cunha puntuación de 66 máis 2 puntos experiencia para a campaña, grazas aos barcos Cazador de soños e Nárelenya.
Xa veremos que tal os noldor cando non poidan bulir polo mar ou non me saian as cartas de escudriñar no mazo de encontros, que é unha habilidade demasiado poderosa para xogar en solitario e coa que teño unha relación de amor-odio. De feito penso que o Denethor da caixa básica segue a ser dos heroes con máis impacto da miña colección, trocando o xogo máis cara un crebacabezas, deixando atrás esa xestión de risco que tanto me gusta. Unha razón máis para tentar xogar este gran xogo en multixogador sempre que sexa posible.