Na anterior entrada creei o mundo e un personaxe, Nazmi, cuxa comunidade está afectada por unha estraña praga. A súa misión consiste en atopar algunha cura. Se cadra a solución atópese nunhas herbas das que lle falaba a súa avoa, que conta que lles axudara moito a esa primeira xeración de inmigrantes. [continuar lendo]
Categoría: Xogos de rol
Ironsworn. Capítulo 0, xénese
Levaba moito tempo co Ironsworn descargado, agardando a ter forzas para comezar unha partida pola miña conta a este xogo de rol pensado para solitario. Botáballe un ollo de cando en vez as regras pero nunca me animaba a adicarme en serio á tarefa. [continuar lendo]
Fiasco. España va bien
Se non contamos a experiencia do Gentleman Bandit, levaba máis de dez anos sen participar coma xogador nunha partida de rol! Non foi até este novembro cando atopei a boa xentiña da canle de Discord de Galicia Rolera e rematei leado para xogar unha partida de Fiasco. [continuar lendo]
Gentleman Bandit
O mundo dos xogos de rol para un único xogador é algo bastante alleo a min. Coñezo o Quill, entendo algo dos “emuladores” de directores de xogo e, de cando en vez, saco un libro deses dos oitenta que mesturan as mecánicas de parágrafos de “elixe a túa propia aventura” e características básicas dos xogos de rol. [continuar lendo]
Lasers and Treason: Stealth Train
Fai dous anos e medio quixen ter a responsabilidade de dirixir unha tarde de rol para un grupo de sete/oito persoas. Algúns tiñan un par de meses de experiencia de Pathfinder, outros era a primeira vez que xogaban a un xogo de rol e ningún sabía nada sobre Paranoia. [continuar lendo]